Kinga Haudek logo BIOGRAFÍA flag_en flag_hu flag_es Follow in Instagram
Follow in Facebook

AUTORA:

Trala súa graduación universitaria en socioloxía en Budapest deixa Hungría na busqueda de diferentes sensacións, paisaxes e xentes. Establecida en Galicia dende 2010, os seus deseños profundizan na observación da natureza e do entorno, baixo o seu prisma persoal produto da súa pelegrinaxe multicultural. Poseedora da carta de artesano oficial de Galicia, fórmase como profesional no deseño e elaboración de xoias en prata tras cursar estudos de xoiaría artística na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Aposta pola calidade, a exclusividade e, sobre todo, pola orixinalidade nos seus traballos.

Kinga Haudek, @kingahaudek @Kinga Haudek Detalle Bosque Encantado, Colecciones Privadas, @kingahaudek @Kinga Haudek

DESEÑOS:

“Os deseños nacen dun proceso artístico, dunha búsqueda persoal de formas e volúmenes, imáxenes e significados conformes coas miñas inquedanzas culturais e espirituais. As ideas xurden dos meus viaxes –reais e imaxinarios-, da xente e da natureza que me rodea. Os rasgos característicos das miñas pezas son as formas orgánicas, as influencias orientais, a elegancia descoidada, ...”

TALLER:

Non se trata de realizar xoiaría industrial ou comercial, senon dun proceso artístico e artesanal unipersoal. Un proceso de fabricación onde tódalas pezas fanse a man pola autora usando as técnicas antergas e propias da ourivería tradicional. Descártase todo tipo de mecanización e técnicas de producción en serie. Como consecuencia, tódalas pezas teñen a súa propia personalidade: son diferentes, presentan peculiaridades e os seus acabados cálidos son propios da elaboración manual individual. Como garantía de autenticidade, tódalas xoias levan a firma da autora acompañada polo contraste oficial de pureza da prata de primeira lei do Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia.

Taller @kingahaudek @Kinga Haudek