PENDIENTES EQUILIBREEquilibrio e liberdade
A peza inspiróuse nun xogo imaxinario da autora consistente na idea dun mundo acuático: Santiago de Compostela. Un lugar onde o auga é ubicua, onde, despois dun vendaval, os esqueletos dos paraugas rotos emerxen coma si foran os restos dos naufraxios marítimos, as crebas, onde os habitantes da cidade, criaturas flotantes, desenrolan branquias e aletas para adaptarse a esta Atlántida.
Así nace un ser híbrido e simbiótico, mixtura de paxaro e peixe, adaptado ao medio húmedo, navegante na choiva de inverno e frotando sobre do orballo primaveral, un ser xerado pola estructura das ruas de Santiago e o fluir da choiva e o vento entre os edificios.
A peza ten unha interpretación secundaria máis abstracta relacionada con conceptos como a dualidade e o equilibrio, ideas propias das filosofías orientais. A figura principal que inspirou esta xoia, por captar as ideas mencionadas, é a dos peixes Loitadores do Siam que, para a autora, representan a dualidade dun carácter forte e guerreiro e o mesmo tempo elegante, flotante e libre.
Prev
Next